21 may. 2013

Lanza ao mestre coas normas da biblioteca

Fai tempo fixemos un LIM coas normas da biblioteca que nos serviu para coñecer un pouco máis o funcionamento da nosa biblioteca. Hoxe vos propoño un xogo para non esquecernos dos pequenos detalles que fan que a biblioteca funcione mellor. Sobre todo é divertido!!! Preme na imaxe para acceder a el.






7 may. 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO: LETRAS GALEGAS 2013

Deixo diferentes enlaces para traballar co autor homenaxeado das Letras Galegas 2013. Clica nas imaxes para acceder aos recursos:



Actividades día do libro (2ª parte)

Outra das actividades que fixemos foi unha exposición con caricaturas e caligramas de Rosalía de Castro. Somos uns artistas!!!


Actividades do Día do Libro (1ª parte)

Por mor da celebración da quincena do libro no noso cole traballamos con Rosalía de Castro. O alumnado de 3º ciclo fixo unha lectura colectiva do poema "Airiños aires" do libro "Cantares gallegos" da autora. Aquí van algunhas fotos:










2 may. 2013

Ler da soños

Seguimos cos lemas para a animación da lectura na biblioteca. Este é un mural virtual no que podemos engadir máis lemas en canto nos vaian chegando. Pasade pola biblioteca e un mundo de aventuras  poderedes descubrir!!!