27 feb. 2013

Actividades con Rosalía de Castro

Por mor da celebración do día de Rosalía de Castro e do 150 aniversario da publicación do libro "Cantares Gallegos" recollo actividades feitas por compañeiros que poden servir para ilustrar a vida e obra da autora.
Clicade nos enlaces para ir a eles:

LIM sobre a vida e obra de Rosalía

LIM feito pol@s mestr@s do colexio CEIP Alexandre Bóveda de Chapela (Redondela) con actividades relacionadas coa súa poesía.

LIM sobre un poema de Rosalía

LIM colaborativo sobre un poema de Rosalía aloxado no blog actividadeslim.blogspot.com

Grazas por compartir os vosos traballos!!

Cancións para traballar en ciclos

Blog de música onde se recollen as cancións que traballaremos nos ciclos sobre poemas do libro "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro






14 feb. 2013

Contamos historias: compartimos!!

Os nenos e nenas de 1º ciclo fixeron de contacontos para os nenos e nenas do 3º ciclo. Que ben o fixeron!!! Esta actividade foi proposta para celebrar o día da paz e da non violencia na escola. Compartindo podemos aprender moitas cousas e os máis pequenos nos demostraron unha vez máis canto valen!! Noraboa rapac@s!!!