7 may 2012

ETAPA 11: POITIERS-PARÍS

Seguimos en Francia, deixando atrás a Poitiers e adentrándonos na capital de Francia: París. Coñecida como unha das cidades máis belas do planeta, en París podemos encontrar monumentos, rúas, navegar polo río Sena e visitar algún enclave cultural de relevancia. En París encontramos prestixiosas marcas de instrumentos que fabrican con esmero clarinetes, saxofóns... que chegan as nosas mans para tocar as máis belas melodías. E... Aquí van as preguntas desta semana:

1º ciclo:

Cal é o nome do museo máis importante de París? Que cadro destacado de Leonardo da Vinci se pode ver aquí?
Quen construíu a torre máis famosa desta cidade? Hai algunha ponte en Galicia feita por este enxeneiro? Cal?

2º ciclo:

1- En París encontramos un monumento de grandes dimensións símbolo da cidade:
      a)Como se chama? Para que foi construído?
      b) En que ano?
      c) Quen foi o seu diseñador?   
     d) Canto mide?


2- Nesta cidade atopamos un famoso símbolo norteamericano: A Estatua da Liberdade:
      a) Por quen foi diseñada?
      b) Canto mide?
      c) Cal foi construída antes, a Estatua da Liberdade americana ou a francesa?

3º ciclo:

Grupo 3: Burdeos- Poitiers:
1-  Quen fundou a Universidade de Poitiers? En que ano?
2- Cal é o sobrenome máis famoso de París e por que?

Grupo 4: Poitiers-París:
1- Por que Calais é a cidade francesa máis preto de Inglaterra? A que distancia está de Gran Bretaña?

Grupo 1: París-Calais:

1- Que se pode ver desde Calais nos días claros?

AVANCE EXTRA:
Como se chama a rocha que forman os acantilados de Dover? Defínea e explica para que se utiliza




Acompañamos a pregunta coa música dun compositor francés, Claude Debussy. Escoitade con atención esta peza: "Claro de Lúa"




 

No hay comentarios :

Publicar un comentario