28 may. 2012

Exposición dos Cómics

Durante esta semana temos a oportunidade de disfrutar na nosa biblioteca con unha exposición sobre o Cómic. temos un pouco de todo e para todos os cursos. Pasádeos pola biblioteca para poder ler esta colección!!!


ETAPA Nº 13: CALAIS-DOVER

Xa casi estamos chegando a Londres!! En moi pouquiñas etapas chegaremos a nosa meta!!! Nesta ocasión temos unhas preguntas moi interesantes sobre as cidades desta etapa. Vamos con elas

1º ciclo:
Son famosos os acantilados brancos de Dover. que poden alcanzar?
De que están formados os acantilados?
Por que Dover é un porto importante?
Que é o Eurotunel? Pódese coller nos arredores de Dover?

2º Ciclo:
Por que é coñecida a cidade de Dover?
En Dover se celebran uns Xogos Olímpocos tradicionais:
- Dende que época se celebran?
- En que mes se celebran hoxe en día?
- En que consisten? 


 

9 may. 2012

LIM VALENTÍN PAZ ANDRADE

Aquí tedes un LIM sobre o autor homenaxeado este ano para que traballedes sobre él. Hai exercicios clasificados por ciclo, aínda que estes son flexibles e é moi probable que exercicios de 2º ciclo sirvan para o 1º ciclo e viceversa. Ao final do LIM hai unhas ligazóns moi interesantes para seguir traballando diferentes aspectos do autor. Espero que vos guste!!!!

8 may. 2012

ETAPA Nº 12: PARÍS-CALAIS

Deixamos atrás a cidade da luz para adentrarnos na marabilloza Calais. As preguntas propostas para esta semana son as seguintes:

1º ciclo:
Que relación hai entre Calais e a unidade de medida o metro?
Que particularidade ten o emprazamento do casco vello de Calais?
Que é o estreito de Calais? Canto mide?

2º ciclo:
1- En que canal está o Eurotunel que une Francia con Reino Unido?
2- Cal é a lonxitude do túnel?
3- Canto dura a travesía?
4- Que día se inaugura?

7 may. 2012

ETAPA 11: POITIERS-PARÍS

Seguimos en Francia, deixando atrás a Poitiers e adentrándonos na capital de Francia: París. Coñecida como unha das cidades máis belas do planeta, en París podemos encontrar monumentos, rúas, navegar polo río Sena e visitar algún enclave cultural de relevancia. En París encontramos prestixiosas marcas de instrumentos que fabrican con esmero clarinetes, saxofóns... que chegan as nosas mans para tocar as máis belas melodías. E... Aquí van as preguntas desta semana:

1º ciclo:

Cal é o nome do museo máis importante de París? Que cadro destacado de Leonardo da Vinci se pode ver aquí?
Quen construíu a torre máis famosa desta cidade? Hai algunha ponte en Galicia feita por este enxeneiro? Cal?

2º ciclo:

1- En París encontramos un monumento de grandes dimensións símbolo da cidade:
      a)Como se chama? Para que foi construído?
      b) En que ano?
      c) Quen foi o seu diseñador?   
     d) Canto mide?


2- Nesta cidade atopamos un famoso símbolo norteamericano: A Estatua da Liberdade:
      a) Por quen foi diseñada?
      b) Canto mide?
      c) Cal foi construída antes, a Estatua da Liberdade americana ou a francesa?

3º ciclo:

Grupo 3: Burdeos- Poitiers:
1-  Quen fundou a Universidade de Poitiers? En que ano?
2- Cal é o sobrenome máis famoso de París e por que?

Grupo 4: Poitiers-París:
1- Por que Calais é a cidade francesa máis preto de Inglaterra? A que distancia está de Gran Bretaña?

Grupo 1: París-Calais:

1- Que se pode ver desde Calais nos días claros?

AVANCE EXTRA:
Como se chama a rocha que forman os acantilados de Dover? Defínea e explica para que se utiliza




Acompañamos a pregunta coa música dun compositor francés, Claude Debussy. Escoitade con atención esta peza: "Claro de Lúa"




 

2 may. 2012

ETAPA Nº 10: BURDEOS-POITIERS

Aquí temos a pregunta da etapa nº 10 de Burdeos a Poitiers:

1º ciclo:
1- En Poitiers no 1356 houbo unha batalla moi famosa:
Quen participou?
Quen gañou?
Houbo máis batallas en Poitiers? En que ano?
2- Que camiño moi famoso pasa por esta localidade?
3- Que pobo fundou esta cidade? 


2º ciclo:


1- Cando se fundou a Universidade de Poitiers?
2- Que personaxes célebres estudaron na Universidade de Poitiers?
3- Cita alomenos tres monumentos que se encontren en Poitiers