27 abr 2012

Concurso diseña unha xoia!!!

Este ano @s nen@s do CEP Santa Mariña concursaron nunha proposta da asociación de xoieiros de Galicia. @s nen@s tiñan que deseñar unha xoia a cal pode salir seleccionada e facela realidade no día da nai. Pois estamos de noraboa!!! Tres nenos do cole recollerán o premio hoxe en Santiago de Compostela por resultar finalistas!! Noraboa nenos!!!. Estes foron:

- Juan Couñago (1º B)
- Emilio Argibay (3ºB)
- Otmane En Neffad (6ºA)


25 abr 2012

ETAPA Nº 9: LOURDES-BURDEOS

 Unha semana máis seguimos no país veciño, Francia. Para esta semana temos preparadas as seguintes preguntas:

2º ciclo:


1- Que cidade desta etapa foi capital da Galia Aquitania no século III?
2- Por que bebida é coñecida a cidade de Burdeos?

3- Que é o Girandes de Burdeos e en que ano foi fundado?

23 abr 2012

Felicidades Valentín Paz Andrade!!!

Hoxe, ademais de ser o día internacional do libro, é o día que naceu o autor homenaxeado das Letras Galegas: Valentín Paz Andrade. As próximas semanas colgaremos más información de este autor polifacético e gran defensor do noso idioma.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

Que feliz estamos hoxe dende a biblioteca!!! Hoxe é un día moi especial xa que estamos celebrando o día do libro. Cantas cousas poden pasar lendo un libro!!! Aprendemos un montón de cousas, podemos ir a diferentes lugares sen movernos da  casa, coñecemos a moitos personaxes... Que mellor que con un libro!!!

Que libro estades lendo agora?

Cal sería a vosa recomendación?

Esta semana temos un montón de actividades preparadas!!!

Hoxe, no día do libro teremos a visita dun contacontos para o primeiro ciclo de primaria!!

Durante esta semana teremos unha exposición de libros en galego que durará ata o día das Letras Galegas.

Ademais, o venres faremos un "trueque" de libros entre os compañeiros, así que ide traendo os libros que queredes intercambiar.

Feliz lectura nen@s e... FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

18 abr 2012

ETAPA Nº 8: PAMPLONA-LOURDES

Nesta ocasión deixamos atrás Pamplona para adentrarnos noutro país: Francia. Preto da frontera está Lourdes, cidade coñecida pola peregrinaxe cara o seu santuario. E aquí vos deixo as preguntas:

1º ciclo:
Cantos tramos ten o encerro de San Fermín? Como se chaman?
Quen se encarga de achegar os touros ao curral dentro da praza? Como van vestidos?
 

2º ciclo:
Que deportista pamplonica destacou en lanzamento de disco, peso e martelo participando nos Xogos Olímpicos de Roma en 1960?


Que parque nacional atopamos nesta etapa?


Cita dúas especies animais protexidas deste parque

3º ciclo:
Que deportista navarro participou nos xogos olímpicos de Roma en 1960 e en que especialidade?
Como se desprazou este deportista ata Roma?

11 abr 2012

XOGO OLÍMPICO: ETAPA Nº 7

Despois de unhas pequenas vacacións continuamos co noso xogo olímpico!!! Nesta ocasión deixaremos atrás a cidade de San Sebastián e chegaremos a Pamplona. Pasemos xa coas preguntas desta semana

1º ciclo:
Cal é o nome de San Sebastián en euskera?
A que comunidade autónoma pertence?
Que ocurrirá en San Sebastián no ano 2016?
Que dous importantes festivais teñen lugar cada ano en San Sebastián?


2º ciclo:
Que famoso deportista desta etapa gañou unha medalla de ouro na contrarreloxo nos Xogos Olímpicos de Atlanta en 1996?
Que  famoso personaxe deu a coñecer os Sanfermíns en todo o mundo?
Cal é a curva máis pechada no percorrido dos Sanfermíns?

3º ciclo:
Grupo 2:
Que futbolista da selección española nado en "Santillana del Mar" marcou 4 goles nun partido España-Malta que nos clasificou para a Eurocopa 84?
Como se chama o atractivo turístico coñecido como "A Capela Sixtina da arte cuaternaria"?

Grupo 3:
En que ano foi fundada San Sebastián e por quen?
Como se chaman os xogadores de pelota vasca? 


Ollo!!!!! O 3º ciclo xogan dúas etapas xuntas!!! Sorte a tod@s e a pescudar!!!!
 

9 abr 2012

Carta gañadora: Unha carta especial

Ola amig@s!!! Nesta ocasión imos publicar a carta gañadora do terceiro ciclo do concurso proposto "Unha carta especial". O afortunado e Manuel Estévez de 6º A no terceiro ciclo. Noraboa Manuel!!! Encántanos a túa carta. Nas próximas semanas publicaremos as cartas do primeiro e segundo ciclo. Estade ben atentos!!!