30 ene. 2012

Lecturas para a paz

Temos na biblioteca algunhas lecturas para traballar estos días. Un exemplo destas é "O nacemento do dragón" da Editorial Kalandraka. Gozade dunha boa lectura!!!!

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Para este día vos deixo un vídeo dunha canción que nos deixa imaxinar un mundo mellor: "Imagine" de John Lennon

23 ene. 2012

Curiosidades...

Queren que rapar ovellas sexa modalidade olímpica: Dende Nova Zelandia, os granxeiros, piden que a esquila de ovellas sexa recoñecido como deporte e ademais sexa incluído como deporte olímpico.

En dous meses aproximadamente se celebrará en Masterton (Illa Norte) o campionato mundial de rapa de ovellas onde cada concursante deberá rapar 700 ovellas en oito horas. O récord masculino de rapa  é de Ivan Scott con 749 ovellas en oito horas e o feminino Kerri-Jo Huia con 507 ovellas no mesmo tempo.

Esta idea xa foi proposta no ano 2008, pero aínda non se aceptou como xogo olímpico. E vós, que opinades???

16 ene. 2012

Para os que lles gusta a pintura e a filosofía

Chega a biblioteca dous libros do máis interesante da colección sabelotodos. Non vos podedes perder estes dous títulos tan interesantes. Boa lectura!!!

Novas lectoras

Chega a nosa biblioteca da editorial Macmillan novos libros. Trátase da colección librosaurio que ten uns titulos do máis apetecible!!! Boa lectura!!!