26 sept 2011

SELECCIÓN LIBROS DE MÚSICA

Aquí vos deixo unha selección de libros de música que podedes ver e consultar na biblioteca. Recorda, estos libros son de consulta, non se poden levar para casa. Todos eles teñen tres partes diferentes: 
-A vida do autor.
-Un conto sobre a obra que trata
-Datos curiosos.

Son libros moi interesantes, disfrutade da súa lectura!!!

 

15 sept 2011

UN POUCO DE INFORMACIÓN SOBRE OS XOGOS

Aquí tedes un glog (póster interactivo) sobre os xogos olímpicos na antiga Grecia. Pinchade sobre o póster para facelo máis grande.

ESTE ANO...

Este ano traballaremos sobre os xogos olímpicos en Londres. Son no ano 2012. Estade moi atentos xa que teremos moitas novidades na biblioteca.

ESTA É A NOSA BIBLIOTECA!!

Esta é a nosa biblioteca. Nela podedes encontrar grandes tesouros. É un lugar para gozar da lectura, para a busca de información... Non vos olvidedes de visitarme. Este é o meu mundo: "O mundo de Nana"

 


7 sept 2011

COMEZAMOS...

Este é blog da biblioteca do cole CEP Santa Mariña de Redondela!!! Neste blog poderedes encontrar novas, xogos, proxectos que fagamos ao longo do curso e sobre todo moita información da nosa biblioteca. Benvid@s!!!!