12 dic 2011

UN LIBRO PARA NADAL

Se queredes seguir cantando na vosa casa co grupo Mamá Cabra, recoméndovos este libro recén saído ao mercado: "Xa me tardan estes Magos". Neste libro encontraredes música e poemas moi divertidos sobre o Nadal (ademáis de un rock moi marchoso chamado Bacallau con Coliflor). Espero que vos guste!!!

NOVIDADES!!!

Aquí vos deixo máis novidades da nosa biblioteca!!! Hai libros recomendables para esta época do ano. Non vos quededes sin ler!!!

28 nov 2011

novas lectoras

Aquí tedes novas que están chegando a nosa biblioteca... Atentos que esta semana chegarán máis. Boa lectura a todos!!!



21 nov 2011

DÍA 25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para que non se nos esqueza que este problema segue existindo na nosa sociedade. NON A VILENCIA DE XÉNERO

14 nov 2011

NOVAS, NOVAS....

Aquí tedes as últimas novidades que acaban de chegar a nosa biblioteca!!! É unha colección de libros de medo!!! E agora..Feliz lectura!!!

29 oct 2011

Exposición de cabazas

Este ano no cole tivemos unha exposición de cabazas do mellorciño. Eran cabazas moi deportistas. O nivel era moi alto e a decisión do xurado moi difícil. Grazas a tod@s por participar!!!

28 oct 2011

Exposición libros de medo

Esta semana tivemos na biblioteca unha exposición de libros de medo. Foi terrorificamente divertido, non si??

Cestas de outono: Gañadoras

Noraboa as cestas gañadoras e grazas a tod@s por participar. Unha vez máis tivemos a sorte de contar con moitísima participación.

24 oct 2011

Samaín

Para celebrar o Samaín nada mellor que unha canción. Déixovos esta canción de Mamá Cabra cunha montaxe da biblioteca CEIP Mestres Goldar: que medoooo!!!



CHEGA SAMAÍN!!

E co Samaín chega o concurso de cabazas do noso cole. Non vos olvidedes de traer a vosa! Podedes gañar un premio á cabaza máis orixinal.


10 oct 2011

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta semana comezaremos coas mochilas viaxeiras!!! Esta interesante experiencia nos dará a coñecer moitísimos máis libros que se agochan na biblioteca. Compartide as lecturas coas vosas familias e sobre todo gozade dunha boa lectura!!

Saúdos de Nana

26 sept 2011

SELECCIÓN LIBROS DE MÚSICA

Aquí vos deixo unha selección de libros de música que podedes ver e consultar na biblioteca. Recorda, estos libros son de consulta, non se poden levar para casa. Todos eles teñen tres partes diferentes: 
-A vida do autor.
-Un conto sobre a obra que trata
-Datos curiosos.

Son libros moi interesantes, disfrutade da súa lectura!!!

 

15 sept 2011

UN POUCO DE INFORMACIÓN SOBRE OS XOGOS

Aquí tedes un glog (póster interactivo) sobre os xogos olímpicos na antiga Grecia. Pinchade sobre o póster para facelo máis grande.

ESTE ANO...

Este ano traballaremos sobre os xogos olímpicos en Londres. Son no ano 2012. Estade moi atentos xa que teremos moitas novidades na biblioteca.

ESTA É A NOSA BIBLIOTECA!!

Esta é a nosa biblioteca. Nela podedes encontrar grandes tesouros. É un lugar para gozar da lectura, para a busca de información... Non vos olvidedes de visitarme. Este é o meu mundo: "O mundo de Nana"

 


7 sept 2011

COMEZAMOS...

Este é blog da biblioteca do cole CEP Santa Mariña de Redondela!!! Neste blog poderedes encontrar novas, xogos, proxectos que fagamos ao longo do curso e sobre todo moita información da nosa biblioteca. Benvid@s!!!!